Vigo xestiona a candidatura oficial das Cíes a Patrimonio da Humanidade

Fitur Cíes campaña Patrimonio da Humanidade_21012017
Tras o “gran éxito” acadado en FITUR, este o alcalde avanzou que a próxima semana se contratará a elaboración do primeiro documento para a presentación oficial da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade. “Todo sinala que o imos conseguir”, valorou Caballero.

O rexedor vigués valorou este venres a presentación de Vigo na Feira Internacional de Turismo, que tivo lugar onte en Madrid, coa candidatura das Illas Cíes a Patrimonio Medioambiental da Humanidade como bandeira. Caballero saudou o “gran éxito” do acto de onte e revelou que a das Cíes foi a única candidatura deste tipo presentada en FITUR.

O alcalde avanzou que a próxima semana se contratará a elaboración dun documento inicial para a presentación oficial da candidatura das Illas Cíes. “Todo sinala que o imos conseguir”, asegurou Caballero, “pero tamén queremos facer un camiño útil, porque será tamén a promoción continua de Vigo a través da gran bandeira da candidatura de Cíes”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar