Premios Cidade de Pontevedra

Corporación municipal en Pleno vestiuse de gala para facer entrega dos Premios Cidade de Pontevedra, os galardóns que levan o nome da cidade á activista social Ánxela Paz Garcia e ao Colexio de Avogados de Pontevedra (no seu nome, recolleu o premio o decano colexial Ramón Jaúdenes

O Teatro Principal acolleu a sesión plenaria de honra na que se fai entrega duns premios “que marcan o pulso dunha cidade orgullosa de si mesma e que aspira a ser cada vez mellor”, en palabras do alcalde Miguel Fernández Lores. Un acto protocolario no que a música estivo a cargo do grupo Os Algures, quen puxo o ramo coa interpretación do Himno Galego.

“O Premio Cidade de Pontevedra é hoxe para as persoas que se comprometen, que loitan, que se identifican cos que precisan axuda para resolvérllela vida a quen sofre algún tipo de grave problema económico ou de integración plena na sociedade” sinalou o alcalde para engadir que, tanto no caso de Ángela como no do Colexio de Avogados “O seu compromiso non é un postureo de márketing, como o de moitas empresas que, incluso preto de nós, practican ese “boísmo” caritativo que ademais lles serven para reducir o seu imposto de sociedades ou facer iso que denominan compromiso social corporativo”..

Como non podía ser doutro xeito, os premiados tomaron a palabra para agradecer  a distinción honorífica: un diploma acreditativo e un Teucro de prata.

Ángela adicou  o premio Cidade de Pontevedra a toda a xente coa que tivo a sorte de traballar “persoas con parálise cerebral, xuventude e infancia marxinada, mocidade con delitos de sangue e en prisión; mocidade que sufriu abusos, familias en situación de exclusión social, persoas con enfermidades duras…….” para todas elas tivo un enorme  “Grazas por ensinarme que tendo todo en contra, pódese saír”. E dun xeito especial adicoulle o premio a súa nai.

Pola súa banda Ramón Jaúdenes, decano do Colexio de Avogados lembrou o traballo “diario, callado y generoso” dos letrados a prol da xustiza e os dereitos humanos e o papel xogado polo Colexio durante a crise económica, que foi quen de “plantear a los Concellos de su jurisdicción, una fórmula que pretendía ayudar a las personas en riesgo de exclusión social, tratando de evitar los desahucios, y allí donde no llegaba siquiera el beneficio de justicia gratuita”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar