Lucía Pérez, “Os Carrunchos” e a solista Marietta, hoxe no “Bamboleo” da TVG

bamboleo_tvg_23062016 As cantantes Lucía Pérez e Marietta, a banda Os Carunchos e a orquestra Ceniza poñerán esta noite música ao programa da Televisión de Galicia “Bamboleo”. A artista do Incio presentará no programa o seu novo sinxelo “¿Qué más dá?” e renderá homenaxe á súa vila natal co seu tema “O Incio”.
Pola súa banda, a orixinal formación Os Carunchos poñerá o toque tradicional ao espazo. Esta formación é ben coñecida por mesturar temas cantados da tradición popular co repertorio máis coñecido dos gaiteiros galegos. A cantante pontevedresa Marietta, que dera o seus primeiros pasos na música da man de Ana Kiro, interpretará “O seixo branco”, un tema seu segundo disco, lanzado recentemente.
O espazo musical presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará tamén con todas as súas seccións habituais. En a “ITV do amor” haberá que acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. En “Agora ou Nunca”, Nerea Visiers e Seba Suárez amosarán as súas dotes artísticas. A primeira, interpretando “Y si fuera ella” de Alejandro Sanz e, a segunda, con “Bailar Pegados”, de Sergio Dalma.
A “A Jrileira” enfrontará ao karaoke dous concursantes, Bea e José Antonio; en “Canción dedicada”, dous namorados, Lola e Pepe, de Lalín, falarán dos inicios da súa relación e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailarán Jive e samba.

 

 

AQUÍ GALICIA

Esta semana, o equipo do programa “Aquí Galicia” estará en directo no Barco de Valdeorras, ao sur de Ourense. Aproveitando a visita, os reporteiros coñecerán mellor o concello e a comarca facendo ecoturismo e achegándose os atractivos do lugar. Ademais, descubrirán os produtos máis salientables da zona, coma o viño con D.O. de Valdeorras, as canteiras e a lousa, e a posición de potencia de O Barco en atletismo, fútbol e natación.
O equipo tamén coñecerá os postos da praza Andrés de Prada que teñen á venda mel, bicas, botelos, embutidos e moitos máis produtos da zona. Ademais, os reporteiros estarán no pavillón de Calabagueiros, onde se celebra un macroxantar que reunirá a máis de 1.300 persoas para degustar o botelo do Barco de Valdeorras.
A sección gastronómica centrarase, por unha banda, no botelo, a androlla e o pigureiro, manxares típicos destas datas despois de ter feita a matanza. Tamén haberá lacón con grelos, cabrito asado e unha selección de produtos artesáns de panadería típicos da zona, coma a empanada de maravallas, a de costrelas ou a torta de Roxón.
A música irá a cargo da orquestra Olympus. Ademais, estarán no programa o grupo de música e canto Son do Sil, a banda de música, e a banda de gaitas do Barco de Valdeorras e o grupo de baile tradicional Arume de.

 

VIVIR AQUÍ

Este sábado, o espazo “Vivir aquí” acompañará a profesionais que teñen un instinto especial para ver máis do resto dos mortais. Son observadores e grazas a eles descóbrense as cousas e persoas máis variadas. Desde estrelas no firmamento ata figuras do deporte pasando por tendencias ou paxaros e aves. A simple vista ou a través dunha cámara teñen a intuición e o coñecemento necesario para anticipar ou poñer en valor o que para a maioría pasa desapercibido. Os reporteiros do programa compartirán o seu día a día para coñecer os pormenores destes traballos e afeccións reservadas a uns poucos privilexiados que, coas súas olladas, fan avanzar o mundo.

 

A REVISTA FIN DE SEMANA
A edición deste sábado de “A Revista Fin de Semana”, estará na festa gastronómica do berberecho en Foz. Os asistentes á festa poderán gozar deste molusco nas carpas da vila a prezos populares. Hoxe, o xornalista José Manuel Orriols dará o pregón que inaugurará a festa e dará paso a apertura dos stands, onde se poderá degustar o berberecho cociñado de diferentes xeitos, coma en empanada, con fabas de Lourenzá ou ao vapor. Ademais, a presentadora do programa, María Solar, entrevistará en directo a Ana Santos e Mateo González, que dan vida a Perfecta e Roberto na serie “Fontealba” das tardes da Televisión de Galicia.

tvG2
ZIGZAG EIRADO
A editorial Dos Acordes acaba de lanzar o primeiro volume recompilatorio das obras para piano do compositor lucense Juan Montes Capón, un autor relativamente descoñecido para o gran público, pero que é un dos meirandes expoñentes do Rexurdimento da música galega no século XIX. Joám Trillo sentará hoxe no estudio do programa da tvG2 “ZigZag Eirado” para conversar co presentador Tino Santiago sobre esta edición crítica da que se encargou.
Ademais, como cada sábado, o programa ocuparase das últimas novidades cinematográficas e musicais. Falará dos filmes de carteleira “La ciudad de las estrellas (La La Land)” e Toni Erdmann. A primeira, gran triunfadora dos recentemente celebrados Globos de Ouro, é un musical que narra a historia de amor entre Mia e Sebastián, unha aspirante a actriz e un pianista de jazz que se gañan a vida tocando en tugurios e que aspiran a acadar gran éxito no mundo da música. A segunda, é un filme alemán en que Inés trata de dar un novo sentido á súa vida logo dunha visita inesperada do seu pai, que lle pregunta unha cuestión ben simple: es feliz?
O cultural tamén se ocupará do documental “Pessoa / Lisboa”, incluído na mostra do mesmo nome dedicada polo círculo de Belas Artes de Madrid ao poeta portugués. Explora a relación do escritor e da súa obra coa capital portuguesa. Dous galegos, Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño, comisarios da exposición asinan este traballo.
No apartado musical, o “ZigZag Eirado” falará do novo disco de Brigada & Díaz, que recupera temas da Primeira Guerra Mundial e do novo videoclip de “Green Day”, que asina un galego, Manuel Viqueira. Tamén haberá oco para a musica tradicional con Davide Salvado, mentres que Moncho Lemos dedicará o seu espazo do programa a unha lucense que triunfa en toda España, Noemy Manzoy, unha versátil actriz e soprano cun gran recorrido como voz de zarzuelas.

MINUTADO do 21/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
PILLADOS
09:30
BOS DÍAS

Presentan Pilar Landín.
10:05
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
12:05
AVANCE SERIES G
12:35
REVISTA FIN DE SEMANA

Presenta María Solar.
14:05
INFORMATIVO LOCAL
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.
15:15
CONTRAPORTADA

Espazo que analiza en profundidade os temas que foron protagonistas da actualidade informativa da semana.
15:35
O TEMPO
15:45
VIVIR AQUI “Vexo, vexo”

Programa de reportaxes.Este sábado, o espazo “Vivir aquí” acompañará a profesionais que teñen un instinto especial para ver máis do resto dos mortais. Son observadores e grazas a eles descóbrense as cousas e persoas máis variadas. Desde estrelas no firmamento ata figuras do deporte pasando por tendencias ou paxaros e aves. A simple vista ou a través dunha cámara teñen a intuición e o coñecemento necesario para anticipar ou poñer en valor o que para a maioría pasa desapercibido.
16:35
AQUI GALICIA “O Barco de Valdeorras”

Magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña.Esta semana, o equipo do programa “Aquí Galicia” estará en directo no Barco de Valdeorras ao sur de Ourense. Aproveitando a visita, os reporteiros coñecerán mellor o concello e a comarca de Valdeorras facendo ecoturismo e achegándose os atractivos turísticos do lugar. Ademais, coñecerán os produtos máis salientables desta zona, coma o viño con D.O. de Valdeorras, as canteiras e a lousa e O Barco como potencia en atletismo, fútbol e natación.
19:20
GASTRÓPODOS “O queixo de Arzúa”

A receita clave deste programa é: un autobús, un produto gastronómico de referencia na nosa comunidade e unha cociñeira con estrela Michelín, Beatriz Sotelo, que cada semana se someterá a un reto. Na entrega desta semana de “Gastrópodos”, os cociñeiros en ruta chegan á vila coruñesa de Arzúa. Se por algo é coñecida esta localidade, é por ser un dos lugares de máis sona en Galicia no referido ao queixo.
20:20
A XANTAR

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Irene Lourido. A información deportiva corre a cargo de Óscar Benito.
21:55
O TEMPO
22:00
BAMBOLEO EXPRESS
22:20
BAMBOLEO

Grande espectáculo que presenta Xosé Manuel Piñeiro. As mellores orquestras do país e artistas ben coñecidos polos espectadores actuarán no estudio de gravación do programa.
As cantantes Lucía Pérez e Marietta, a banda Os Carunchos e a orquestra Ceniza poñerán este sábado pola noite música ao programa da Televisión de Galicia “Bamboleo”.
A artista do Incio presentará no programa o seu novo sinxelo “¿Qué más dá?” e renderá homenaxe á súa vila natal co seu tema “O Incio”.
00:50
INIMITABLES “Juan Pardo”

Especial musical. A Televisión de Galicia emite esta noite un programa especial dedicado ao emblemático cantante, produtor e autor de ducias de cancións que o converteron nun dos artistas galegos con máis éxito. A súa filla Lys Pardo, os Black Stones, a orquestra Poceiro, o coro Corda, Alberto Cunha, Noelia Rodríguez, Cristian Álvarez, Tania Veiras e Marcos Roca renderanlle unha homenaxe aos seus corenta anos de éxitos superando o reto de cantar o mellor repertorio de Juan Pardo.
02:15
GASTRÓPODOS “O queixo de Arzúa” (Rep.)
03:10
GALICIA 4.0

Como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas en Galicia poden beneficiar os galegos no día a día? Cal é o proceso de fabricación dos produtos que nos facilitan as tarefas cotiás? Estas son só algunhas das cuestións ás que pretende responder o programa.
O feito de abrir un refrixerador para escoller os elementos cos que elaborar unha receita pode levarnos a botar man dun produto galego que agoche profesionalidade, innovación, desenvolvemento e moito esforzo.Todos estes factores collen nunha bolsa de luras conxeladas. O programa sobre tecnoloxías e innovación coa colaboración dun chef coñecerá como é o seu proceso de elaboración.
03:35
BUTACA ESPECIAL “Días de gloria”

(“Days of glory”), de Jacques Tourneur, con Gregory Peck, Alan Reed, Tamara Toumanova, Maria Palmer, Lowell Gilmore, Hugo Haas, Igor Dolgoruki, Dena Penn.
EUA, 1944, 86’, Drama bélico (T)
Un heroico grupo guerrilleiro ruso combate contra todo tipo de obstáculos durante a invasión nazi de Rusia en 1941.
05:05
NOITE DE JAZZ
05:35
REVISTA FIN DE SEMANA (Rep.)
07:00
NOITE DE JAZZ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar