Román Rodríguez destaca a importancia de inculcar a cultura audiovisual nos cativos

Román Rodríguez_nenos_PROVISIONALO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; asistiron á primeira edición do festival infantil de curtas ‘Pequefilmes’, unha cita que sinalou como unha oportunidade para apoiar a importante tarefa de inculcar aos máis novos a cultura audiovisual. Non en balde, o público obxectivo deste festival foron rapaces de entre 5 e 12 anos, que puideron gozar durante o sábado e a mañá do domingo de 52 proxeccións diferentes, que se ofreceron de balde no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia. Ademais, os asistentes puideron participar en obradoiros formativos para descubrir o funcionamento do cine de animación.

Cómpre salientar a calidade das curtametraxes, entre elas 4 de orixe galego, que amosan a creatividade do noso audiovisual; fitas avaladas polos premios recibidos e nominacións a galardóns do máximo prestixio. Co obxectivo de promover o gusto polo audiovisual dos rapaces e favorecer a súa reflexión, os asistentes puideron valorar e puntuar as pezas.

‘Pequefilmes’ abre ademais na Cidade da Cultura un novo espazo para a exhibición de curtametraxes, no marco da estratexia desenvolvida pola Consellería para achegar ao conxunto da cidadanía ao complexo do Gaiás, ampliando os seus usos culturais e de ocio.

Curtas internacionais con múltiples recoñecementos

O festival estruturouse en dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo de que cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses e gustos. As curtas seleccionadas ofreceronn unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca o divertimento.

Procedentes de todas as partes do mundo, o cartel deste mini-festival contou con curtas recoñecidas nos máis prestixiosos festivais como a noruega ‘Me and my Moulton’, nominada aos Oscar 2015; ‘Juan y la Nube’, Goya á Mellor Curta Animada; ‘The empty’, Gran Premio en Hiroshima e Seúl; ‘Trial & Error’, Platinum Remi Award no World Fest de Houston; ou ‘Pawo’, Mellor Película Infantil en Brasilia Animation Festival 2015. Ademais, o festival contará con varias curtas realizadas e producidas en Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar