Dous ourensáns, campións de España de ciclocross

baltar_campeons-de-espana-de-ciclo-cross_10012016

 

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos campións de España de ciclocross, os ourensáns do Club Ciclista Maceda Iván Feijoo e Carlos Canal, acompañados polo seu adestrador, Xulio Conde.

Os deportistas veñen de acadar na proba disputada esta fin de semana en Valencia o campionato por relevos coa selección galega e o campionato júnior, no caso de Iván Feijoo, e o subcampionato cadete, para Carlos Canal. Manuel Baltar, quen lles fixo entrega dun galardón en recoñecemento por parte da Deputación de Ourense polos éxitos deportivos acadados, felicitou aos dous ciclistas e animounos a continuar “nesta exitosa senda, levando o nome de Ourense aló por onde van, amosando o esforzo, sacrificio, responsabilidade e dedicación que ten un deporte tan duro como o ciclismo”.

Na recepción oficial estiveron tamén presentes o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, e o pai de Carlos Canal, Manuel Canal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar