Exposición en Viveiro da vida e a obra do escritor Manuel Rodríguez López

Manuel Rodríguez López_poeta lucense_2Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na Casa da Cultura de Paradela para logo expoñerse en Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, na Biblioteca Anxo Casal de Compostela, na Casa das Palabras de Guitiriz, no Concello de Meira e no Antigo Hospicio de Ferrol, Centro Galego de Salamanca, Casa de Galicia en León, e Centro Galego de Vitoria.

Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

O día 1, mesa redonda en Viveiro

O xoves, 1 de setembro, celebrarase unha mesa redonda no Multiusos do Concello de Viveiro, ás 20:30 horas, seguida dunha visita guiada á exposición.

Nela, o Director de GaliciaDigital, Antonio Giz, falará sobre o Proxecto Manuel Rodríguez López; o crego e musicólogo Xesús Mato, sobre Manuel Rodríguez, amigo; o Alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato, sobre “O noso fillo predilecto”, Xulio Xiz.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto