TVG anuncia un debate electoral a cinco entre os candidatos á presidir a Xunta

Kiko Novoa_Marta Darriba

Marta Darriba, directora e presentadora do espazo informativo da TVG “Bos Días”, e Kiko Novoa, director e presentador do magazine da Radio Galega “Galicia por Diante”, serán os moderadores do debate electoral a cinco entre os candidatos a presidir a Xunta de Galicia, que se emitirá en directo e simultaneamente pola televisión e a radio públicas o vindeiro 12 de setembro en horario de máxima audiencia (21.30 h.).

O debate terá lugar nos estudios da TVG en San Marcos (Santiago) e as cinco forzas políticas actualmente máis representativas en Galicia (PP, PSdeG-PSOE, BNG, En Marea e Ciudadanos) xa confirmaron o seu interese en participar, tras o convite que lles trasladou a CRTVG o xoves pasado.

Os representantes dos distintos partidos e a dirección do ente público continúan actualmente en conversas para concretar os últimos detalles dun debate en que cada un dos grupos participará con igualdade de tempos.

Un control de realización de Televisión de Galicia durante un Telexornal.
Un control de realización de Televisión de Galicia

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar