Carmela Silva aposta por potenciar a Escola de Arte Dramático de Vigo

Carmela Silva_Centro de Arte Dramático_a Vigo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo a súa primeira visita oficial a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD), localizada en Navia, Vigo, na que tras recorrer as instalacións apostou por potenciar ao máximo este centro para convertelo nun referente do Noroeste peninsular no seu xénero.

O director do centro, Manuel Vieites, informou á Presidenta das dúas principais reivindicacións da ESAD neste intre como son a construción da segunda fase da escola para por en marcha os estudos de danza e o recoñecemento dos estudos que se cursan no marco da Universidade de Vigo.

Ambos aspectos foron apoiados por Carmela Silva  quen indicou que a Xunta debería acometer a conclusión do proxecto inicial da ESAD que contemplaba dous edificios, un para acoller a escola de danza e outro para un teatro. «Ambas instalacións garantirían que a cidade de Vigo sería un referente nas ensinanzas das artes escénicas dende a localidade lusa de Porto ate Valladolid e sendo unhas das poucas de todo o país», subliñou Silva.

A Presidenta salientou que  é necesario que Xunta cumpra co «compromiso do goberno de Emilio Pérez Touriño e remate o centro» xa que temos un mundo creativo o redor do teatro e da danza moi importante en toda a provincia «e sería darlle unha alternativa moi importante aos nosos mozos e mozas». Silva asegurou que, dende logo, «como Presidenta da Deputación únome a esta reclamación».

Igualmente  a Presidenta subliñou a importancia de acadar que estes estudos acaben integrándose no Espazo Educativo Superior Europeo, xa que a ensinanza actual  e como dun grao universitario, pero carecen do recoñecemento oficial de título universitario «o que pode restar atractivo para algúns dos alumnos e alumnas no futuro», recoñeceu Silva.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar