A gala do teatro galego rendíu homenaxe a María Casares e ás Irmandades da Fala

Premios de Teatro María CasaresOs XX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 14 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Á gala, que se retransmitiu por TVG2, acudiron máis de 500 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral.

Todos eles asistiron a unha gala ideada para celebrar as fortalezas do noso teatro e para homenaxear o centenario das Irmandades da Fala, o vixésimo cabodano da actriz María Casares e a vixésima edición dos premios. Xesús Ron dirixiu unha gala na que participaron un total de nove intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Arantza Villar, Mónica García, Borja Fernández, Manuel Cortés, Cristina Iglesias, Marcos Ptt, César Goldi e cinco músicos: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz.

Montse Dopico encargouse da lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro e o Premio de Honra Marisa Soto foille entregado á Revista Galega de Teatro.

 

PREMIOS POR CATEGORÍAS
MELLOR MAQUILLAXE

Raquel Fidalgo, Ensaio sobre a cegueira

Sarabela

MELLOR VESTIARIO
Marián Bañobre, O furancho

Ibuprofeno Teatro

MELLOR ESCENOGRAFÍA
Carlos Alonso, Xardín suspenso

Centro Dramático Galego

MELLOR ILUMINACIÓN

Afonso Castro, Xardín Suspenso

Centro Dramático Galego

MELLOR MÚSICA ORIXINAL

Monica de Nut, Vadzim Manawee Matrioshka Teatro
Yukhnevich e Javi Bermejo
MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN
Afonso Becerra, O principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

MELLOR TEXTO ORIXINAL
Diana Mera, Merche Pérez

30 e tanto ósos

Aporía Escénica e Teté García

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA
Iolanda Muíños, Presidente

Teatro do Morcego

MELLOR ACTOR SECUNDARIO
Alberto Rolán, O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (comparten premio ex aquo)
Mela Casa, Noiteboa

Redrum Teatro

Melania Cruz, Xardín suspenso

Centro Dramático Galego

MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
Toni Salgado

O principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

 MELLOR DIRECCIÓN
Xúlio Lago

O principio de Arquímedes

Teatro Do Atlántico
MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL
Feo!

CARAMUXO TEATRO

MELLOR ESPECTÁCULO
O principio de Arquímedes

TEATRO DO ATLÁNTICO

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar