O Concello de Ourense achega hoxe o Plan da Infancia a Barrocás

O Concello de Ourense, no marco do I Plan de Infancia e Adolescencia municipal, celebra hoxe, luns, unha actividade de animación na Asociación Veciñal de Barrocás, de 16:00 a 17:45 horas, para escolares de 3 a 15 anos. Centradas na divulgación dos dereitos da infancia, catro monitores coordinarán as actividades que terán lugar na pista deportiva cuberta da AV Barrocás, sita na rúa Dos Mirtos.

A actividade foi solicitada pola propia asocicación veciñal a través do enderezo electrónico ourenseamigadainfancia@gmail.com, e ten como finalidade que nenos e nenas do Concello de Ourense coñezan mellor os seus dereitos. Será desenvolvida pola entidade Atelier social en colaboración con Yuka animación e Lecer.

Escolares de 3 a 6 anos realizarán manualidades, xogos cooperativos maquillaxe, globoflexia etc… relacionados coa educación para a paz. E nen@s de ata 15 anos participarán en “Recuperemos os nosos dereitos”, un xogo que consta de tres partes: representación teatral, xogo con diferentes probas que  os grupos deberán superar para recuperar o seu dereito e conclusión do xogo recopilando os dereitos de cada rapaz.

Durante toda a actividade existirá un buzón de suxerencias onde se poderán depositar ideas para mellorar a cidade respecto o plan de infancia e adolescencia. A xornada rematará cunha foto de grupo coa mascota dos dereitos humanos, Yuka.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar