«Dia da Meteoroloxía Mundial» e xornada de portas abertas en Meteogalicia o mércores

Meteogalicia_visitas ás instalacións

O servizo de predición meteorolóxica da Comunidade galega, Meteogalicia, celebrará o mércores 23 de marzo unha xornada de portas abertas e procederá ao lanzamento dun globo sonda para conmemorar o Día Meteorolóxico Mundial. Así, todos os interesados en coñecer as instalacións de Meteogalicia e participar no lanzamento deberán inscribirse antes de mañá as 12-00 do mediodia, no seguinte enderezo electrónico: administración.meteogalicia@xunta.es, indicando o nome, a quenda na que está interesado e un email ou teléfono de contacto para confirmar a inscrición, por parte de Meteogalicia.

As actividades, de balde e aberta ao público en xeral, comezarán ás 12:00 horas co lanzamento do globo sonda no exterior das instalacións, e a continuación celebrarase o primeira quenda de visitas a Meteogalicia (ás 12:30 horas), en grupos de 15 persoas ata as 14:00 horas. A quenda de tarde irá dende as 17 horas atas as 19 horas. Durante estas visitas, os participantes coñecerán como se elabora a predición meteorolóxica, así como datos da rede de estacións meteorolóxicas e de calidade do aire, aparatos de medición, etc.

Asemade, no mes de marzo tamén se manteñen as visitas dos centros escolares á Meteogalicia, polo que no terceiro mes de 2016 uns 300 alumnos de Primaria e secundaria coñecerán as instalacións deste servizo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar