Último día de Galiexpo Motorshow en Vigo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A décima edición da Feira Internacional do Motor abriu as súas portas este venres no Recinto Feiral de Vigo, onde permanecerá ata o domingo, cunha oferta ampla do sector do motor e actividades complementarias para o público asistente.

Abel Caballero participou na inauguración da décima edición da Feira Internacional do Motor, Galiexpo Motorshow onde salientou que o evento está «enraizado como salón con mostras de traballos da xente de Vigo» e apelou, unha vez máis, á necesidade de ampliar o IFEVI para que poida acoller as actividades que demanda a cidade. Durante a súa intervención na inauguración, invitou a toda a cidade a participar nunha «gran» exposición que reúne unha visión integral de todo o que ten que ver co automóvil.

55 empresas ofrecerán o mellor dos seus catálogos na Feira, 25 máis que na edición anterior, co prurito de terse convertido no único salón deste estilo en todo o país ao caerse os de Madrid e Zaragoza. O evento, que conta co apoio do Concello, contempla clásicos, coches de competición, tuning, 4×4 para aventuras, caravaning, karts, quads e motos, cubrindo así todos os puntos de referencia do motor. Ademais, os pavillóns do recinto feiral tamén darán espazo á náutica deportiva, presentando tamén o Mundial de motonáutica, categorías HR-850 e T-850, que se celebrará na ría de Navia (Asturias). Ademais haberá exhibicións do Power Drift Team e do campión galego de quad cross, Dani Pérez. A modo de excelente oferta complementaria, o evento suma o Open Nacional de slot, con máis dun cento de participantes.

Con entradas a 5 euros, Galiexpo Motorshow desenvólvese ata o domingo no Recinto Feiral de Vig

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar