«Land rover Tunai Show» conta hoxe co monologuista Manuel Lago e a actriz Nieves Rodríguez

Land Rover

Noite de mércores, noite de “Land Rober Tunai Show” na TVG, que nesta ocasión contará coa presenza do monologuista e actor Miguel Lago, unha das caras máis coñecidas do panorama humorístico estatal. Ademais, o programa recibirá a visita da actriz e presentadora Nieves Rodríguez e a dos actores Isa Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz, protagonistas do espectáculo teatral “Falar sen Cancelas”.

Os habituais Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán darán vida a novos xogos e historias, entre os que o público en directo e os espectadores asistirán a un dos momentos máis especiais de Felipe II en “Land Rober”, verán a José Lanzao arrasando outra vez e presenciarán unha churrascada totalmente fóra de control.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar