Artistas na rúa en Pontevedra

Artistas na rúa en Pontevedra

Seis artistas traballarán na rúa co fin de que a xente poida ver como é o proceso creativo. A cita desta xornada de “portas abertas” será o próximo 30 de abril, na praza da Ferrería. A iniciativa de MR xestión cultural conta coa colaboración activa da Facultade de Belas Artes e o Concello. Os participantes serán escollidos por unha comisión de profesores universitarios e membros da organización.

O prazo para facer a inscrición comeza hoxe mesmo e estenderase até o 7 de abril. A documentación enviarase a mrxestion@gmail.com poñendo no asunto “artistas na rúa”

Os requisitos para participar na segunda edición do evento “Artistas na rúa” son os seguintes: ser artista visual (plástico, audiovisual, estudante…), ser artista local, maior de idade, ter unha proposta concreta para o día do evento, que interactue co espectador e que fomente a proximidade do público.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar