Internacionalizacion e investimentos centraron o encontro entre Baltar e o persidente da CEG

Baltar_presidente CEG

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Dieter Moure, con quen analizou temas de emprego, internacionalización de empresas e atracción de investimentos para a provincia de Ourense. No encontro, comentaron a iniciativa que está a promover o presidente Baltar para levar a cabo o vindeiro mes de xuño a misión empresarial entre empresas de Estados Unidos e Ourense certificada e avalada polo Goberno USA, que abranguerá principalmente os sectores da Agroindustria, Termalismo, Tecnoloxías e Infraestruturas, Automoción, Turismo e Espazos Naturais.

Baltar e Dieter Moure tamén falaron do importante papel que está a realizar o Inorde no impulso da competitividade ourensá en material de internacionalización, potenciando a «marca Ourense», e colaborando coa Confederación Empresarial de Ourense en proxectos como a Oficina de Atraccións de Investimentos, a plataforma virtual que ofrece a potenciais investidores as fortalezas da provincia de Ourense, a través de oportunidades de negocio e información sobre lexislación, financiamento e subvencións, que sirvan de axuda para o inicio dunha actividade empresarial.

Asemade, na reunión, analizaron os datos do Observatorio Económico Ourensán, a ferramenta de diagnose económica da Deputación de Ourense, referidos especificamente ao desemprego e aos valores que favorecen a recuperación económica.

Dieter Moure amosoulle ao presidente Baltar o seu apoio «as medidas que desenvolve o goberno provincial», e recoñeceu o esforzo que está a realizar a Deputación de Ourense «no impulso da competitividade e da economía da provincia». Pola súa banda, Manuel Baltar destacou a importancia de manter canles de colaboración coa CEG «para promover e fortalecer as oportunidades das empresas ourensás dentro e fóra de Galicia».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar