Xesús Vázquez fai un balance positivo dos seus primeiros 8 meses de xestión municipal

Ourense. 26-11-2015.Rueda de presna del alcalde tras la junta de Gobierno. José Paz

Facer balance de oito meses non é o habitual, tal e como explicou o alcalde, Jesús Vázquez: “Non puidemos plantexalo cando se cumpriron os seis meses, o medio ano, porque estábamos inmersos en varios dos obxectivos inmediatos que nos fixamos nese primeiro semestre: desbloquear o Plan de Investimentos (onde conseguimos salvar máis de 3 millóns de euros en obras, como todos vostedes saben, grazas á implicación da Deputación) e en reducir o período de débeda aos proveedores, conseguindo baixar dos 100 aos 13 días de media no pago de facturas”.

Lonxe de entrar nun extenso relatorio de cifras e logros acadados, Jesús Vázquez explicou os eixos sobre os que articularon o intenso traballo “que levamos a cabo neste equipo de goberno, aos que lles teño que agradecer a intensa implicación, traballo e esforzo que desenvolveron para devolver a normalidade a esta cidade e poñela de novo en marcha”.

 COOPERACIÓN INSTITUCIONAL

 

Un dos eixos que quixo destacar foi a cooperación institucional. “Outros prefiren chamarlle “claudicar” ou “non defender os intereses de Ourense”. Eu prefiro destacar que a miña labor como alcalde contempla unha función fundamental: captar fondos e inversións para a miña cidade. E para iso reclamamos das diferentes administracións achegas e proxectos para Ourense, a implicación dos gobernos central, autonómico e provincial para que se fagan realidade proxectos longamente demandados. E tamén conseguimos inversores privados como ata nunca antes se fixera para eventos como o Festival de Cine, Campaña de Nadal, actividades culturais, etc…”

O rexedor de Ourense puxo algúns exemplos ao respecto deste eixo. Por uha parte explicou que a Variante Norte comeza a ser unha realidade, cunha partida orzamentaria nos PGE de 3,7 millóns para o enlace de Eirasvedras e a N-120.

 

APOIO DA XUNTA “CON FEITOS, NON CON PALABRAS”

 

Sobre as relacións coa Xunta, na que ocupou a consellería de Educación eCultura, Vázquez valorou que “acadamos importantísimos compromisos que non son só palabras, senón que son feitos co seu correspondiente respaldo orzamentario”

Detallou de seguido: as obras de mellora da Ponte do Milenio e da Ponte Romana; a ampliación da Escola Oficial de Idiomas e a mellora do colexio de Mende que será presentad proximamente.

 

DESBLOQUEAR ASUNTOS PARALIZADOS

 

Outro dos eixos que destacou Jesús Vázquez é o feito de comenzar a desbloquear asuntos que paralizaban o normal desenvolvemento da cidade. “É dicir: eliminar problemas”, precisou o alcalde. “Estamos solventando as contratacións que quedaron caducadas e en precario, e lles aseguro que non é un traballo doado. Tamén conseguimos salvar proxectos como a ETAP de As Coiñás, que puidemos recepcionar in extremis e poñer en funcionamento, evitando así devolver 20 millóns de fondos europeos”.

“Se falamos de desbloqueos, tamén deberíamos mencionar a próxima posta en funcionamento da Molinera ou o pleno rendemento do Espazo Lusquiños, un espazo que case esmorece sen ser inaugurado durante demasiados meses e que conseguimos poñer en marcha, consolidar e encher de iniciativas para os máis xóvenes. E sen esquecer o Plan de Investimentos, que salvalo supuxo un traballo épico por parte dos traballadores municipais desta casa que sempre, sempre, agradezo e agradecerei en nome de todo o goberno municipal”, relatou Jesús Vázquez.

 REFORZO DA IMÁXE DO CONCELLO

 

O terceiro eixo destacado polo alcalde destes oito meses é a planificación e o reforzo da imaxe do Concello e da propia imaxe. Jesús Vázquez exemplificouno co exemplo máis evidente foi: a campaña de Nadal. “Implicamos a todas as concellerías na planificación dun programa de actividades nunca visto ata a data. Inauguramos un ciclo festivo de mes e medio con anticipación, previsión e as ideas claras. E conseguimos reforzar a imaxe da cidade a nivel galego cunha campaña innovadora, completa e participativa”.

“Acabamos de vivir o Entroido e volvimos a recuperar ese espíritu, implicando a varias concellerías nunha planificación de actividades que capitaneou Cultura, pero que tivo o apoio de Turismo. E pese á choiva, que xa non depende de nós, o Entroido foi un éxito de participación”, afirmou Jesús Vázquez.

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN

 

O cuarto eixo a destacar foi a Transparencia. “Convertimos en habituais as Xuntas de Portavoces, abrimos á participación cuestións como os cursos nas AAVV, concursos de carteis, explicamos en detalle e públicamente cada punto que aprobamos en Xunta de Goberno. Damos conta do que facemos con total transparencia. E sen esquecer que toda a tramitación do PXOM se está a facer con total transparencia e buscando en todo momento o consenso dos grupos, sen deixar de dialogar en ningún momento”, sinalou o rexedor.

Por último, o quinto eixo ao que fixo referencia o alcalde foi o de optimizar os recursos municipais. “Presentamos un Plan de Reestructuración de edificios municipais, que suporá aproveitar os espazos que temos para acadar un aforro de 15.604€/mes; 187.259,1€/ano e 749.036€/mandato. Tamén recuperamos, coa axuda da Xunta de Galicia, a segunda planta deste Consistorio, nun estado de abandono nos últimos anos que era deplorable”.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar