Ourense: A Oficina municipal de Informacion Xuvenil tramita os carnés de descontos

Praza San Martiño_Ourense_dependencias municipais

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ourense (Praza San Martiño, 2) tramitará dende ahora os carnés destinados a descontos e vantaxes para a mocidade. “O compromiso deste goberno municipal coa xuventude é inequívoco, e por iso xestionamos melloras que revirtan en beneficios para a mocidade ourensá, que son o futuro da nosa cidade”, sinala a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.

Ata o de agora, o único documento que se expedía na OMIX era o Carné Xove, tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, coa que se poden obter descontos e vantaxes nas entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas de España e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.

A maiores deste documento, a OMIX tamén expedirá o Carné de Estudante Internacional, que é o pasaporte perfecto para obter servizos e descontos en todo o mundo. O ISIC é o único carné de estudante recoñecido internacionalmente e as persoas posuidoras son membros dun clube global no que aproveitar ofertas de viaxes, compras e museos arredor de todo o mundo.

Tamén se poderá obter o Carné Internacional para Non Estudantes: Calquera persoa maior de 12 anos e menor de 30 anos pode conseguir un carné xove internacional para non estudantes (International Youth Traveller Card) que aporta descontos á mocidade, dende billetes de avión ata entradas de cine.

Outro documento á disposición dos xóvenes na OMIX é o Carné de Alberguista, recoñecido internacionalmente e válido para utilizar en todos os albergues nacionais e extranxeiros. Calquera persoa pode optar a facerse un: os menores de 30 anos dentro da categoría xove, e os maiores na categoría de adulto.

Por último, o Carné de Profesor/a Internacional está dirixido a docentes, sen limitación de idade e independentemente do tipo de centro onde desenvolvan a súa docencia, sexan centros oficiais ou non. Con este carné poden desfrutar dos descontos, servizos e ofertas tanto en España como no extranxeiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar