En defensa das árbores centenarias de Esgos, no camiño á Ribeira Sacra e o Macizo Central

 

Árbores centenarios en Esgos_Amigos da Terra

A estrada ou-536,  comunica a capitalidade provincial coas Terras de Trives-Caldelas, unha das máis fermosas da provincia polo seu trazado e polas formacións arbóreas que se atopan no seu percorrido, podería perder as árbores centenarias existentes en varios treitos se así se decide na Administración autonómica, según a entidade Amigos da Terra.

A altura de O Pinto no concello de Esgos hai árbores centenarias de grandes dimensións como carballos, plátanos, freixos, nogueiras e choupos, entre ouros. Son árbores que, segundo o colectivo Amigos da Terra,  non supoñen ningún risco para a seguridade vial e que forma un harmonioso conxunto e de alto valor patrimonial, estético e paisaxístico  polo que consideran preciso protexer o arborado existente tal e como se fai nos países da Unión Europea.

Lembra o voceiro da entidad que “estamos na estrada de entrada a Ribeira Sacra e ao Macizo Central Ourensá”

 

PREOCUPACIÓN POLOS SINAIS NO TRONCO

Nestes días  pódese observar que na zona de O Pinto (Esgos) a maioría das árbores foron sinaladas no seu tronco cunha EX de cor vermello polo que todo fai indicar que a consellería responsable da estrada pretende cortalas polo pé ou facer podas pouco axeitadas para a protección deste conxunto arbóreo.

Tendo en consideración o valor antes sinalado das árbores da estrada OU 536, e preciso a súa protección e coidado, é un dos poucos exemplos que nos quedan na provincia de Ourense de respecto ao patrimonio arbóreo que convive cunha infraestrutura viaria.

O colectivo quere protexera o conxunto das árbores existentes ao longo da OU 536 e apunta que no caso de ser preciso algunha poda das árbores se faga seguindo os criterios axeitados sinalados polos especialistas en mantemento da arborado.

A entidade ven de  realizar as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables, o que implica ao Concello de Esgos, á Consellería do Medio Rural e Consellería de Infraestructuras e dende Amigos da Terra demandamos que ás árbores desta estrada teñan que ser conservadas e protexidas, e debe ser unha prioridade tanto das Administracións públicas como dos cidadáns.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar