1.700 nenos no Entroido de Xinzo de Limia

 

Baltar_1.700 nenos no entroido Infantil de Xinzo1.700 nenos déronse cita na primeira das actividades, o desfile, que se celebrou pola mañá, e no que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar,  participou, xunto co alcalde de Xinzo, Antonio Pérez; a xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego, autoridades dos municipios da comarca e membros do goberno local, así como integrantes de colectivos e asociacións da vila, no que foi o evento máis multitudinario organizado para o público infantil nestas festas do entroido de Xinzo de Limia, un tempo, segundo afirmou o presidente provincial “para o lecer, para compartir coa familia e cos amigos e para seguir mantendo viva unha das tradicións festivas e etnográficas máis importes da provincia de Ourense, como é o entroido”.

O desfile, que por primeira vez se abriu aos demais concellos da comarca, comezou na rúa principal e rematou na Praza Carlos Casares, con charangas e comparsas. En total, ao redor de 4.000 persoas participaron no evento.

Houbo e haberá nos prósimos días actividades para os máis pequenos, que inclúen desfiles, pasarrúas, concertos, xogos e festa nas diferentes rúas e na Praza Maior da vila limiá.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar