Os bombeiros de Ponteareas excarceran a unha persona atrapada nun choque

Os efectivos do parque comarcal de Ponteareas excarceraron esta noite a unha persoa que quedara atrapada no interior dun vehículo tras colidir con outro cando circulaban pola N-120, no coñecido como alto de Areas, na vila ponteareana.

Foron varios os particulares que alertaron ao CAE 112 Galicia do accidente pasados uns minutos das 23:30 horas desta noite. Dado que indicaban que había unha persoa con dificultades para saír dun dos turismos, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos bombeiros, que ademais de liberar ao ferido realizaron as tarefas de limpeza da vía.

Tamén se puxo en coñecemento dos técnicos de Urxencias Médicas, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Ponteareas. Minutos antes, o CAE 112 Galicia tivo constancia doutro accidente en Boiro no que unha persoa resultou ferida. Neste caso, foi evacuada polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital do Barbanza.

Tratouse dun accidente múltiple no que estiveron implicados un total de cinco vehículos: dous deles saíronse da vía, cando circulaban á altura da piscina municipal, e colidiron contra outros tres que estaban estacionados. Unha vez recibida a chamada de alerta dun particular, dende o 112 Galicia informouse, igualmente, a Urxencias Médicas, Protección Civil de Boiro e Policía Local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar