Candia denuncia á «incapacidade» da Deputación de Lugo, de presentar presupostos

Elena Candia_presidenta Deputación Lugo

A voceira do Grupo Provincial do PP de Lugo, Elena Candia, lamenta o descontrol que se continúa a dar no Goberno provincial “incapaz de presentar uns Orzamentos para o próximo ano” a través dos que se dean resposta ás necesidades dos lucenses “esquecidas durante meses polos nacionalistas e os socialistas”.

O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo urxe a través dun escrito ao bipartito que presente as contas que van permitir facer investimentos en todos os concellos de Lugo no próximo ano, un compromiso irrenunciable que o PP selou coas corporacións locais cando estivo no Goberno.

A voceira dos populares explica que o vindeiro martes celebrarase o pleno ordinario e a día de hoxe entre as convocatorias de comisións informativas non figura a da presentación dos orzamentos para 2016, por iso “remitimos hoxe un escrito dirixido ao presidente da institución esixíndolle que remita o Orzamento xeral para 2016 ao pleno da Deputación antes do 31 de decembro”.

 

«NON É UNHA OPCIÓN, É UNHA OBRIGA»

 

Candia di que a elaboración dos orzamentos “non é un opción, é unha obriga” e máis cando “estamos a falar do principal instrumento para dinamizar a economía da provincia e realizar investimentos alí onde o precisen e o demanden os concellos”.

Elena Candia asegura que “non podemos permitir que a institución siga bloqueada polas súas liortas internas mentres na provincia hai numerosas necesidades que atender”. A voceira di que o PP tería aprobado os Presupostos en prazo, “sen perder un só día para darlle solucións aos nosos veciños e veciñas”.

Os populares lembran que tiñamos un proxecto sólido e un compromiso con todos os concellos de Lugo e “está claro que o Goberno bipartito non o ten, segue preocupado polos seus intereses políticos e persoais mentres se acumulan as urxencias e as faltas de resposta aos lucenses”.

O Grupo Provincial do Partido Popular non entende que foi o que o presidente da institución presentou no Parlamento galego cando, máis dun mes despois, “non coñecemos aínda nada do que anunciou a pesar de que só faltan 9 días para que remate o ano”. Candia lamenta ademais que a de Lugo sexa a única Deputación de toda Galicia na que aínda non se aprobaron as contas e “nós imos actuar con responsabilidade, porque o piden os veciños e os alcaldes, e esiximos uns orzamentos aprobados na maior brevidade posible”.

Incumprimento dos prazos
A voceira do PP lamenta que a normalidade democrática da que tanto presumen os socialistas e os nacionalistas “estea a quedar en papel mollado” e non lles é coñecida ningún tipo de acción para sacar adiante as contas, nin tan sequera foron quen de establecer un diálogo co grupo maioritario da oposición co obxecto de precisar un proxecto de Orzamentos “dirixido a atender ao que verdadeiramente os lucenses piden”.

O PP recorda que o Presuposto debía ser remitido e informado pola Intervención ao pleno da corporación antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución. Tras a exposición ao público a aprobación definitiva tiña que ter sido antes do 31 de decembro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar