Pilar Cancela, contra a imputación de Besteiro: «Non hai nada consistente»

Pilar Cancela_PSOE_PSdeG

   A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, avalou o secretario xeral do seu partido, José Ramón Gómez Besteiro, como líder dos socialistas galegos, malia a súa imputación polos supostos delitos de prevaricación, tráfico de influencias, suborno e contra a ordenación do territorio en relación coa urbanización coñecida como O Garañón, durante a súa etapa de concelleiro de Urbanismo en Lugo.

«Cando non hai nada consistente, non pode ter consecuencias», sinalou a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa participación nos almorzos electorais da Asociación da Prensa da Coruña (APC).

Por outra banda, lamentou «a situación de indefinición» na que, na súa opinión, se atopa a causa. «Son cinco meses de preocupante duración no tempo», recalcou Pilar Cancela. Ao fío diso, pediu que a Xustiza «funcione».

TRANSPARENCIA

Con todo, se mostrou convencida de que antes de que remate o ano esta cuestión «se vai resolver». «Espero que sexa así, debería ser así», insistiu Cancela.

Por outra banda, avalou as actuacións levadas a cabo por Besteiro para informar das súas contas. En concreto, afirmou que «ningún político» fixo un exercicio de «transparencia» sobre os seus bens como o líder dos socialistas galegos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar