Evacúan en helicóptero a unha peregrina accidentada en Ponteceso

O helicóptero Pesca II evacuou  a unha peregrina que sufrira un accidente mentres realizaba o Camiño de Fisterra. A muller rompera unha perna durante o traxecto e, debido ao lugar de difícil acceso no que se atopaba, foi necesario empregar medios aéreos para o seu rescate. Posteriormente, a ferida foi evacuada na aeronave ao Aeroporto de Alvedro, onde unha ambulancia agardaba para o seu traslado a un centro hospitalario. O CAE 112 Galicia recibiu a chamada dun particular pasados uns minutos das 16:00 horas de hoxe. De seguido, púxoo en coñecemento de Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Carballo, GES de Ponteceso, Urxencias Médicas e Garda Civil. O suceso rexistrouse no concello coruñés de Ponteceso, nunha parte do Camiño de Fisterra que discorre pola costa, á altura da Punta Espiñeira.

MOTORISTA EVACUADO

 

O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela evacuou esta tarde a un motorista que resultara ferido nun accidente de tráfico. O persoal sanitario alertou ao 112 Galicia minutos antes das 15:30 horas de hoxe e informou da mobilización da aeronave ao lugar do suceso, debido ao estado do ferido. Así, dende o CAE Galicia informouse aos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, Protección Civil de Quiroga e axentes da Garda Civil de Tráfico. O sinistro rexistrouse no concello lucense de Quiroga, á altura do lugar Campos de Vila, na parroquia de San Salvador de O Hospital.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar