Recepción partidista dos alcaldes da Marea no Concello de Santiago

Recepción Ada Colau e alcaldes das Mareas no Concello de Santiago_2

Martiño Noriega recibiu no salón vermello do Concello de Santiago aos alcaldes e alcaldesas de Barcelona,  Zaragoza,  Valencia, Ferrol e A Coruña e a representantes dos concellos de Badalona, Pamplona, Oviedo e Cádiz no que en medios políticos se considera como a «oficalización» dun encontro partidista dos alcaldes da Marea.

Anteriormente, foron recibidos no Concello da Coruña polo alcalde, Xulio Ferreiro. Martiño Noriega e o alcaldes e alcaldesas desprazáronse en tren a Santiago, onde foron recibidos por Martiño Noriega no Pazo de Raxoi. Os voceiros municipales rexeitaron acudir á convocatoria.

O alcalde lembrou no seu discurso de benvida á cidade a «importancia da cooperación con outros municipios do Estado» antes de convidar aos alcaldes e alcaldesas a firmar no libro de honra do Concello.

 

Recepción Ada Colau e alcaldes das Mareas no Concello de Santiago_1

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar