Unha vida creativa na Galicia exterior, especialmente Arxentina e Cuba

Xosé Neira Vilas

Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.Neira Vilass_Anisia Miranda_Cuba

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana,  Premio da Crítica Española de narrativa e premio da Crítica Galega de ensaio. Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.

 

O LIBRO MÁIS LIDO

 

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. Entre as novelas que reflicten o mundo rural hai que distinguir entre as de protagonista infantil e adulto.

As de protagonista infantil, forman o chamado «ciclo do neno» e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho.

Entre as que reflicten o agro galego dende a perspectiva adulta recrean toda a súa crueza: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás.

Un pouco diferentes, aínda permanecendo un substrato rural, son as obras Lar, Nai e Pan. O mundo da emigración aparece en Camiño bretemoso, na colección de contos Historias de emigrantes, en Remuíño de sombras e en Tempo novo.

Neira Vilas escribiu tamén libros para nenos, entre os que destacan Espantallo amigo, O cabaliño de buxo, A marela Taravela, Contos vellos pra rapaces novos e Chegan forasteiros.

En colaboración coa súa muller, a cubana Anisia Miranda, publicou un libro de cancións e poemas titulado Cantarelas e contos prá xente miúda.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar