Os traballadores do naval piden carga de traballo en Ferrol

 

Ferrol_traballadores do naval demandan carga de traballo

Uns 2.000 operarios de Navantia Ferrol e da industria auxiliar manifestáronse na mañá deste xoves polas rúas desta cidade para demandar de novo carga de traballo.

A acción reivindicativa desenvolveuse sen ningún tipo de incidente e foi a primeira dun calendario de mobilizacións aprobado en asemblea xeral polos traballadores deste estaleiro público.

O presidente do comité de empresa, Javier Galán (CC.OO), catalogou como de «tomadura de pelo» as manifestacións realizadas o pasado martes, día 24, polo presidente da compañía, José Manuel Revuelta, que nunhas xornadas organizadas pola propia Navantia en Ferrol aseguraba que o índice de ocupación actual do persoal «está situado en torno ao 80 por cento».

Galán tamén mostrou a súa discrepancia con respecto a outras afirmacións, «como que a crise en Navantia xa pasou», unhas afirmacións que, segundo o representante sindical, «lembran moito ao que di Mariano Rajoy, que é quen o puxo no cargo».

Tras asegurar que non quere entrar nunha guerra de cifras, Galán trasladou que no estaleiro ferrolán «só» teñen «o encargo do flotel para Pemex e un BAM (Buque de Acción Marítima) que vai a marchas moi retardadas e que preto do 40 por cento do persoal está en subactividade».

O representante de Comisións Obreiras tamén tivo palabras para os traballadores das compañías auxiliares. «Miles deles que perderon o seu posto de traballo nos dous ou tres últimos anos», sinalou, e engadiu que, por iso, mantiveron este xoves unha asemblea cos seus delegados para trasladarlles o seu «compromiso e preocupación» para que canto antes logreise cargada de traballo «mellor será para todos, e sobre todo tamén para esta comarca».

CESTA E ESCALAFÓN

Por parte do comité de empresa tamén se trasladou aos medios de comunicación algúns dos logros conseguidos nos últimos días tras protagonizar algunhas medidas de protesta no interior da zona industrial.

Así, Galán lembrou que a empresa se comprometeu a entregar unha cesta de Nadal, «tal e como recolle o convenio colectivo» e que na mañá deste xoves trasladóuselles que entregaron de maneira oficial o «escalafón», un documento de uso interno no que se reflicte os oficios, niveis e antigüidade de cada operario e que «levaban seis anos sen entregar a pesar de estar tamén recollido en convenio».

DEMANDAS

A marcha partiu pasados uns minutos das 10,30 horas do estaleiro e discorreu baixo unha fina choiva pola Avenida de Esteiro, Avenida de Vigo, Praza de España e cunha primeira parada dun dez minutos ante o Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC), na rúa Real.

Alí, algúns membros do comité de empresa entregaron varias demandas particulares por asimilacións laborais e atrasos no pago de bolsas de estudos. Posteriormente, a marcha continuou facía a Praza de Armas, onde se celebrou unha breve asemblea, e regreso ao estaleiro.

Ademais, os integrantes do comité de empresa Navantia e algúns traballadores tamén tiñan previsto acudir ao pleno ordinario de fin de mes do Concello de Ferrol, desde as 19,00 horas, xa que no mesmo íase a abordar unha moción para demandar carga de traballo para o sector naval e que este sexa declarado como estratéxico no ámbito autonómico.

Imprimir
Anterior: Baltar negou incump

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar