A Casa Picasso da Coruña expón en exclusiva mundial unha obra do pintor

Picasso, La alternativa

A Coruña expón en exclusiva mundial unha obra inédita de Pablo Picasso, a última que o artista malagueño pintou na cidade coruñesa durante a súa nenez. O cadro ‘A alternativa’, propiedade dun coleccionista privado, poderase ver durante os próximos 10 días na Casa Picasso.

A estrea da peza nunca antes exposta supón o pistoletazo de saída de ‘A Casa de Pablo’, un novo espazo que se inaugurará este venres na planta baixa da Casa Picasso. Trátase dun espazo cultural e tenda museo que estará dedicado a potenciar e divulgar a transcendencia a nivel humano como artístico de Picasso.

Precisamente, neste novo espazo, o director de Atlántica Centro de Arte, Salvador Corroto, e Francisco Muiños, de Arteca, a empresa que xestiona o espazo comercial, presentaron o cadro que nun principio ía ser dado a coñecer nun museo de Holanda, pero finalmente é na cidade coruñesa.

O cadro é unha peza «moi importante» de «a última etapa coruñesa» do pintor que se gardou até agora nunha colección privada e nunca se expuxo nun museo.

MÁIS OBRAS

Agora a peza exporase durante os próximos 10 días na casa onde viviu o artista os primeiros anos da súa vida, un lugar que o coleccionista considerou idóneo, pois quería dar a coñecer a obra de «forma única».

O cadro, que foi descuberto con posterioridade á exposición celebrada este ano na Coruña, é unha mariña. Segundo Muiños, «é moi posible» que para pintala o artista tivese dous puntos de inspiración: o antigo Peirao de Hierro da cidade coruñesa e unha revista ilustrada que recolle unha imaxe practicamente igual á do cadro.

Pero esta non será a única obra inédita que se dea a coñecer na cidade coruñesa, pois esperan poder traer outras dúas pezas de Picasso nunca expostas, segundo informou Muiños.

Polo momento, ‘A alternativa’ poderá verse durante os próximos 10 días na Coruña porque despois está previsto que volva á súa localización habitual; a casa do coleccionista.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar