Encontro literario galego-portugués, hoxe, en Santiago

Os escritores Ledicia Costas e Pedro Guilherme-Moreira son os protagonistas do primeiro encontro do programa ‘Conversas Nortear’, unha iniciativa posta en marcha pola Consellería de Cultura, Aducación e Ordenación Universitaria, pola Dirección Rexional do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

O obxectivo é favorecer o diálogo e o intercambio entre as culturas galegas e portuguesa, segundo precisou a Xunta.

Así, hose ás 20,00 horas, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (USC), será o escenario desta actividade, que se presenta baixo o título ‘Galicia-Norte de Portugal: un universo literario común?’.

Asímesmo, este encontro encádrase nas iniciativas que veñen promovendo as tres institucións citadas para impulsar o diálogo cultural entre a comunidade galega e o país veciño.

Ademais, o público tamén terá ocasión de participar no coloquio que pechará as intervencións dos dous escritores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar