A Catedral de Santiago contrata a oito restauradores máis

Pórtico da Gloria da Catedral compostelá.
Pórtico da Gloria da Catedral compostelá.

A Fundación Catedral de Santiago iniciou o proceso de selección de oito novos restauradores para traballar na rehabilitación do Pórtico da Gloria, unha nova fase do proxecto que se centrará na reparación «máis minuciosa» do monumento, especialmente no relacionado coas esculturas.

Segundo apuntou a Fundación Catedral, os profesionais traballarán baixo a dirección técnica desta entidade e do Instituto do Patrimonio Cultural de España durante un período que se prevé de 18 meses.

portico gloria

Os requisitos para participar no proceso de selección poden consultarse na web da Catedral de Santiago e as solicitudes deberán enviarse antes do 15 de xaneiro.

Para este labor seleccionaranse titulados en Conservación e Restauración de Bens Culturais, así como licenciados en Belas Artes con desenvolvemento curricular en conservación e restauración e posuidores do título de Grao en Conservación e Restauración.

Por outra banda, valorarase a posesión de máster, doutorado, cursos de especialización, asistencia a congresos ou seminarios relacionados con esta cuestión e a experiencia profesional na restauración de materiais pétreos e policromados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar