Afundacion acolle hoxe na Coruña unha conferencia sobre innovación e tecnoloxía

 

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acoller hoxe  o II Taller Internacional en Marketing Expertise sobre Comercialización da Innovación e a Tecnoloxía, unha iniciativa da Escuela de Negocios Afundación e o Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación da Facultade de Economía e Empresa da UDC, coa colaboración do IGAPE, a Comisión Europea e Enterprise Europe Network. Baixo o título «Austin Tecnópolis Innovadora: Comercialización Global de Innovación e tecnoloxía», o recoñecido profesor Salvador Alanis, director do Grupo Global de Comercialización (GCG) do Instituto IC2 da Universidade de Texas (Austin), pretende con esta conferencia compartir a aprendizaxe, os retos e logros recentes do Grupo Global de Comercialización no campo dos programas de desenvolvemento económico, que levan a cabo desde fai máis dunha década. O obradoiro, que se inaugurará ás 19.00 h. coa presenza do director da Escuela de Negocios, Aurelio Villa e a presentación do seminario por parte do profesor Andrés Faíña, para posteriormente iniciar a conferencia de Salvador Alanis ás 19.30 h., terá lugar na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8).

O IC2 Institute, centro de investigación pioneiro no campo da innovación tecnolóxica da Universidade de Texas, principal impulsora deste ecosistema, foi fundado co obxectivo de catalizar o desenvolvemento económico rexional a través da colaboración activa e direccional entre a universidade, o goberno e os sectores privados, para fomentar a transferencia tecnolóxica cara ao sector empresarial. Desde entón, o Instituto investigou a teoría e a práctica da creación da riqueza e foi fundamental no crecemento da cidade de Austin como centro de innovación e tecnoloxía, así como no desenvolvemento das economías baseadas no coñecemento en máis de 30 países ao longo de todo o mundo.

SALVADOR ALANIS

É director dos programas de Comercialización Global do Grupo en Corea do Sur e da iniciativa de Capital Privado e de Risco. Previamente, foi director do programa de Crecemento Innovador de GCG India e do programa de innovación Gyeonggi-do en Corea do Sur. Antes de entrar no Grupo Global de Comercialización, ocupou varios postos de alta dirección en empresas privadas e públicas nos EEUU e en México, e fundou unha compañía de capital privado e consultoría profesional.

A experiencia de Salvador Alanis en postos de dirección esténdese desde novas compañías a grandes corporacións multinacionais nos sectores da banca, biotecnoloxía agrícola, produtos ao por menor, consultoría profesional e fabricación industrial e química. Ademais, é executivo de varias organizacións e segue a ser consultor de capital privado.
Licenciado en Económicas polo Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrey, realizou tamén un Mestrado en liderado de empresas no Centro Duxx de Excelencia Emprendedora.

Máis información na páxina web Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación: Posgrado Xestión Empresarial da Innovación.

Coñécenos por dentro en www.afundacion.org.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar