Santiago: Presentación do libro «As razóns do galeguismo autonomista»

 

Mañán, xoves, ás oito do serán, no Centro Ramón Piñeiro, de Santiago de Compostela (San Roque, 2), vai ser presentada a publicación «As razóns do galeguismo autotomista», baseada nunha conferencia de Filgueira Valverde, a través da emisora Radio Lugo, o 18 de xuño de 1936 e en Pontevedra.
Os autores desta obra son Manuel Regueiro Tenreiro (Catedrático xubilado de Filosofía)  e Fernando Regueiro Pérez (Graduado en ADE) que pescudaron no Museo de Pontevedra (Arquivo Filgueira Valverde) e, despois de transcribir e estudiar o manuscrito, completaron a publicación cunha contextualización do texto que foi radiado  un mes antes do comezo da guerra civil.

A publicación está editada pola plataforma en Internet Galicia Digital, www.galiciadigital.com, co apoio da Xunta de Galicia.

Cada asistente recibirá un exemplar desta obra, que se distribúe gratuitamente a centros educativos e interesados na obra de Filgueira Valverde.

Na presentación, que será presidida polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez, intervirán Manuel González, da R.A.G, Director Científico do Ramón Piñeiro; Xesús Ferro Ruibal, da R.A.G., biógrafo de Filgueira; Fernando Filgueira Iglesias, fillo de Filgueira Valverde; Manuel Regueiro Tenreiro, coautor; e Xulio Xiz, por Galicia Digital.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar