Xacopedia.com, o Camiño de Santiago e a sua historia, na web

nava castro presenta a enciclopedia dixital sobre o camiño de santiago, xacopedia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou Xacopedia, unha enciclopedia 2.0 que recolle a cultura xacobea nun espazo web que mostra a información de maneira sinxela permitindo a interacción do usuario.

Esta enciclopedia sobre o Camiño de Santiago alberga miles de entradas da A á Z, miles de fotografías e máis de 100 mapas e gráficos sobre a Ruta Xacobea.

Unha obra totalmente actualizada, cunha interface sinxela e moi atractiva, adaptado a todos os dispositivos, que conta coa colaboración de destacados especialistas internacionais do Camiño de Santiago.

Durante a súa presentación, a directora de Turismo de Galicia destacou que o feito de promover e potenciar a investigación e o afondamento nas raíces do Camiño de Santiago repercute moi notablemente na súa conservación e na súa posta en valor.

Neste senso, Nava Castro sinalou que esta nova iniciativa forma parte desta aposta e inquietude investigadora tan importante para o Camiño de Santiago.

A responsable de Turismo da Xunta explicou que esta é unha das iniciativas incluídas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago na súa liña estratéxica dedicada á investigación, comunicación e divulgación do Camiño e da Cultura Xacobea.

Así mesmo, Nava Castro resaltou outras accións recollidas nesta folla de ruta que marca as directrices para a conservación e potenciación do Camiño de cara ao próximo Ano Santo 2021, como a produción de contidos adaptados ao currículo da educación primaria e secundaria, o impulso da cultura xacobea no ámbito universitario ou a posta en marcha de campañas de sensibilización dirixidas á poboación dos municipios polos que transcorre o Camiño, entre outras.

Participativa, colectiva e ampliable día día
Xacopedia mostra a información de maneira sinxela permitindo a interacción do usuario. Así, por exemplo, dispón dun buscador para a localización dos distintos termos e dos contidos das distintas entradas. Á vez que o usuario vai tecleando vánselle mostrando suxestións dos distintos termos almacenados na base de datos de maneira que a busca de información resulta moi doada.

Ademais, cada información conten ligazóns a todos aqueles termos que se atopen dentro da gran enciclopedia, para dunha maneira rápida, cómoda e sinxela poder seguir profundando nos contidos.

Así mesmo, os usuarios poden complementar cada entrada e os comentarios poden ser contestados por outros usuarios e marcados como “Me gusta”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar