Baltar: “Creemos en Ourense e traballamos polos seus vecinos”

Convención PPdeG Baños de Molgas 2015_Feijóo_Baltar_1

“O Partido Popular de Ourense é un partido único e diferente e cremos en Ourense, no seu potencial e traballamos a prol dos seus veciños”, proclamou o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, durante a súa intervención na quinta Convención de Cargos Públicos do partido, celebrada  no colexio de Os Milagres coa asistencia de máis de 200 representantes municipais e militantes.

No “acto político máis importante do ano que sempre augura uns bos resultados electorais”, Manuel Baltar subliñou que o partido “sempre está en movemento, ao contrario que outras forzas políticas e ese é o noso gran segredo: ser políticos as 24 horas do día, facendo a cousas sen estridencia, xestionando os recursos públicos e pensando en clave de futuro”. E todas esas características, engadiu, “reúneas á perfección o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez”.
 
O presidente do PP de Ourense repasou algúns dos datos máis destacados da representación obtida tras as eleccións locais, como o feito de ser a terceira provincia de España en apoio electoral ao partido, os 75 concellos nos que goberna e as 61 maiorías absolutas, subliñando que de cada 10 concellos ourensáns 7 están gobernados polo PP. “E por suposto tamén a Deputación, a primeira institución pública de España en aprobar os seus orzamentos para o 2016”.

REVALIDAR O RESULTADO DAS ELECCIÓNS XERAIS

 
En clave de partido destacou a gran actividade órganica, coa celebración de 18 xuntas directivas, 72 congresos locais e as achegas de Ana Villarino e Jesús Vázquez no relatorio político do PPdeG. Agora, apuntou Manuel Baltar, chegan unhas eleccións importantísimas nas que o obxectivo será revalidar o anterior resultado das xerais, con tres dos catro deputados e senadores en liza e seguir sendo a primeira provincia de Galicia en apoio ao PP e entre as mellores de España.
 
Cunha mención específica a Mariano Rajoy como o candidato do partido á presidencia do Goberno, Baltar indicou que hai que manter o pulso, interpretar as inquedanzas e ilusións dos veciños e apostar por reducir as cifras de desemprego e aumentar o benestar, e, en referencia ao número de concellos da provincia “Ourense son 92 realidades que conforman unha, por iso temos que afanarnos en interpretar o que queren os nosos veciños para os próximos anos”.
 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar