Rescatan con vida a unha muller caida nun pozo

Ao redor das 11:00 horas chegaba a petición de auxilio ao 112 Galicia para o rescate dunha muller que caera no interior dun pozo, en San Pedro de Nós, concretamente, no lugar de O Carballo, en Oleiros.
Alí acudiron os  bombeiros de Arteixo, efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Oleiros e a  Garda Civil. Afortunadamente, a muller puido ser rescatada con vida do interior do pozo duns oito metros de profundidade polos efectivos de Protección Civil, segundo indicaron os membros do parque comarcal que tamén colaboraron no rescate.
A muller, que se atopaba estable, foi atendida polo persoal sanitario na ambulancia que a esperaba para trasladala despois a un hospital.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar