Peregrino 100.000 do que vai de ano

Peregrino 100 mil en SantiagoA Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar entregou a Compostela número 100.000 a Julio Rubio, un peregrino que fixo o Camiño de Santiago xunto con outros sete integrantes dun grupo de ciclistas que percorreron preto de 1.000 quilómetros durante nove días, partindo dende Campo de Criptana (Ciudad Real).

O peregrino 100 mil tivo, ademais da satisfacción de chegar á meta do Camiño, un recoñecemento moi especial. Na Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar foi recibido polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e polo presidente da Fundación da Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, que lle fixeron entrega tanto da Compostela como de diversos agasallos como recordo deste día tan especial.

O peregrino, a súa chegada, relatou emocionado que o importante non é ser o número 100.000 senón lograr chegar a meta da Ruta Xacobea xunto aos seus compañeiros tras partir o pasado 29 de xuño dende Campo de Criptana, día de San Pedro, e chegar este 7 de xullo en San Fermín.

No seu recibimento na Oficina do Peregrino, que congregou a multitude de medios de comunicación, Rubio explicou que esta é a terceira vez que realiza o Camiño de Santiago xunto aos seus compañeiros dende Ciudad Real e que prevé que haxa unha cuarta ocasión no próximo Ano Santo, en 2021.

Durante a emotiva acollida, o xerente do Xacobeo, destacou que neste ano batéronse records tanto de peregrinos nacionais como de internacionais.

Rafael Sánchez indicou que máis do 60% dos peregrinos que pasaron pola oficina de acollida ao peregrino durante este ano son estranxeiros o que demostra que o Camiño converteuse no noso principal elemento captador de turismo internacional e na nosa sinal de identidade a nivel mundial.
Pola súa parte, o presidente da Fundación da Catedral de Santiago celebrou o récord de peregrinos e recordou que Compostela mellorará neste ano a acollida aos peregrinos grazas a inauguración do Centro Internacional de Peregrinos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar