O helicóptero Pesca I trasladou a un tripulante enfermo a 40 millas de Fisterra

O helicóptero Pesca I trasladou  a un tripulante de nacionalidade filipina dun barco que navegaba a unhas 40 millas ao oeste da costa de Fisterra. A persoa, que presentaba dor abdominal, foi trasladada ao Aeroporto de A Coruña, onde unha ambulancia de Urxencias Médicas agardaba para o seu traslado a un centro hospitalario.

Salvamento Marítimo coordinou un operativo de rescate no que participou o Servizo de Gardacostas de Galicia e persoal sanitario. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao fío das 9:15 horas desta mañá.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar