Atropela a unha muller en Ponteume e fuxe

 

   Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este xoves unha muller que foi atropelada por un vehículo na rúa Ricardo Sánchez, en Pontedeume, segundo informa o 112.

Tras o accidente, o condutor do turismo continuou a marcha e, na súa partida, golpeou á ambulancia que asistía á ferida, de acordo co relato da Policía Local.

Ademais dos axentes locais, o persoal do 112 pediu a colaboración da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil e informou Urxencias Médicas, que finalmente enviou máis medios ao lugar do sinistro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar