Unión Fenosa avisa ao Concello de Teo dun corte no subministro por impago

Teo_Concello_Casa Consistorial

 

O Concello de Teo contraeu unha serie de débedas con Fenosa derivadas de facturacións non abonadas por subministro de electricidade ás súas dependencias e instalacións que ascenden a máis de 110.000€. Por tal motivo, a empresa realizou a primeira notificación de suspensión de servizo se non se abona dentro do prazo regulamentado.
Ademáis, segundo o establecido na lei 3/2004, os retrasos nas débedas xeneran uns intereses que tamén reclama a compañía eléctrica.
José Manuel Guerra considera inaceptable que sexa a veciñanza quen teña que pagar estes intereses por unha xestión económica tan deficiente e que se «arrastra da anterior lexislatura sen ter trazas de mellora». A pesar dos datos que se intentaban ofrecer dende a Alcaldía, a evidencia era clamorosa e ano tras ano os datos oficiais do Ministerio marcaban un importante endebedamento do Concello.
Igualmente, Guerra considera que esta é a demostración de que o Sr. Sisto enganou á opinión pública durante a campaña electoral presentando un balance económico positivo ao tempo que tiña importantes «facturas gardadas no caixón» tal e como denunciara o PP e tal e como se está a comprobar.
Por tal motivo, dende o grupo popular esíxese unha explicación pública do alcalde á veciñanza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar