Elena Candia presenta o seu equipo de goberno na Deputación de Lugo

Elena Candia_equipo de goberno da Deputación de Lugo
Primera fila: el vicepresidente primero y Diputado Delegado de Área de Emprego e Demografía, José Antonio García López; la presidenta de la Diputación de Lugo, Elena Candia, la vicepresidenta segunda y Diputada Delegada de Benestar, Igualdade e Xuventude , Mari Teijeiro y el portavoz del Gobierno y Delegado de Turismo, Patrimonio e Centro de Artesanía e Deseño, Juan Carlos Armesto Quiroga. Segunda fila: Diputado Delegado de Deportes, José Manuel Yanes Ginzo, Diputado Delegado de Medio Rural, José Ulla Rocha, el viceportavoz y diputado Delegado de Pesca, Economía, Recaudación e Facenda, Demetrio Salgueiro y el Diputado Delegado de Gobierno Interior y asistencia y cooperación con los Concellos, José Pardo Lombao. Tercera fila: Diputado Delegado de Formación, Participación Cidadá e Novas Tecnoloxías, Ramiro Moure, Diputado Delegado de Xestión Territorial, Jesús Carreira Ferreiro y Diputado Delegado de Medio Ambiente, Manuel Jesús González Capón

   A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia, presentou o seu equipo de goberno, no que o exalcalde de Sarria, José Antonio García, ostentará a vicepresidencia primeira, ademais das áreas de Emprego e Demografía. A edil de Lugo María Ángeles Teijero será o vicepresidente segundo e asumirá Benestar, Igualdade e Xuventude; mentres que a portavocía será para o tenente de alcalde de O Saviñao, Juan Carlos Armesto, que tamén se encargará de Turismo, Patrimonio e do Centro de Artesanía e Deseño.

«Temos un proxecto de goberno e temos claro que imos marcar os tempos», deixou claro a tamén alcaldesa de Mondoñedo este sábado nunha presentación na que destacou «os problemas que teñan outras forzas políticas» –en alusión a PSOE e BNG– «non limitarán» a acción do seu executivo.

Ademais de José Antonio García, María Ángeles Teijeiro e Juan Carlos Armesto, estarán no goberno provincial o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, quen ostentará Cooperación Interior, Asistencia e Cooperación a Concellos; o alcalde de Guntín, Xesús Carreira, que se encargará de Xestión Territorial; Fran Beado, en Cultura; e José Manuel Yáñez, en Deportes.

Completan o executivo Demetrio Salgado, que será deputado Delegada de Pesca, Economía, Recadación e Facenda; o alcalde de Baralla, Manuel González Capón, que se ocupará de Medio; o rexedor de Begonte, José Ulla, que levará Medio Rural; e, por último, o alcalde de Taboada, Ramiro Mouro, que será o responsable de Formación, Participación Cidadá e Novas Tecnoloxías.

«Esta é a distribución das áreas de goberno que organizamos aos poucos días de tomar posesión na nova corporación», destacou antes de explicar que o seu equipo «só ten un pacto», que é «cos veciños da provincia». «A eles débennos para materializar, canto antes, o noso proxecto de goberno», subliñou.

Elena Candia (PP) fíxose coa presidencia da Deputación de Lugo o pasado día 24 despois de que o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, se negase a acatar a orde do seu partido de votar a un candidato alternativo que obtivese o respaldo que o BNG negaba ao propio rexedor de Baralla por estar imputado.

MOCIÓN DE CENSURA

Na súa intervención, a nova presidenta da a Deputación deixou claro que será o seu equipo e a súa formación política a que «marque os tempos» e que só o seu traballo «condicionará a toma de decisións» do executivo provincial.

«Somos absolutamente respectuosos cos problemas que teñan as outras forzas políticas pero, evidentemente, non nos vai servir de ameaza nin de coacción, non nos vai limitar nas nosas accións», subliñou en resposta os xornalistas que lle preguntaron pola posibilidade de que BNG e PSOE cheguen a un acordo para presentar unha moción de censura.

Ao respecto, asegurou que a provincia «ten as suficientes necesidades e problemas» como para que os deputados «tomen en serio o cargo que asumido o pasado día 23». «Os veciños non están preocupados por leas internas de partidos, están preocupados polos seus problemas», apuntou.

Por iso, avanzou que intentará, coa «maior brevidade e a maior contundencia», «resolver os problemas» aos habitantes da provincia de Lugo. «Temos un plan para esta insitución, temos un programa de gobeirno e as ganas suficientes como para anunciar o goberno xa a fin de semana», apuntou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar