O PP de Ourense ábrese ás reflexións e ás críticas

Rosendo Fernández_rolda PP Ourense
Logo dos resultados electorais acadados polo Partido Popular nas eleccións municipais do pasado 24-M, o PPdeG ten iniciado un proceso de autocrítica, para analisar os motivos que levaron o PP a perder apoios electorais de forma tan significativa pese a ter gañado as eleccións e ser a primeira forza política, tanto en España como en Galicia, e indiscutiblemente en Ourense.

Nese proceso de autocrítica iniciado, o PPdeG decidiu abrir un proceso de renovación de equipos e persoas, de renovación de actitudes, e de renovación de ideas. «E para elo, temos acordado iniciar a elaboración dunha ponencia política participativa, para establecer o novo discurso do PPdeG, para renovar as nosas ideas, con novas prioridades políticas, e escoitando novas voces que nos permitan avanzar cunha sociedade, a galega, que está en permanente cambio. Nós non podemos quedar atrás», explicou Ana María Villarino.

No tocante a Ourense, o secretario xeral dos populares, Rosendo Fernández, excusou a ausencia do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, que polas súas obrigas institucionais non puido asistir á rolda de prensa, e recalcou que no PPOU se implantarán, a maiores das reunións previstas, mecanismos de participación para recoller as achegas da cidadanía. Estes serán un apartado na web www.ppou.es para o envío de propostas e un número de teléfono para recibilas mediante whatsapp (635 92 92 92). «No PPOU xa puxemos estes mecanismos en marcha na pasada precampaña e campaña electoral, co que as propostas remitidas foron incorporadas aos nosos programas electorais», lembrou Rosendo Fernández.

A alcaldesa de Oímbra recalcou que no PP «Somos un partido de maiorías. Aspiramos a representar á maioría social. Somos un partido de goberno. Aspiramos a gobernar nas institucións para levar adiante o noso proxecto de transformación social. Somos un partido galeguista. Queremos que Galicia avance. Esa é a nosa prioridade central. A nosa forma de ser Españois é ser galegos. E non entendemos unha cousa sen a outra.
E Somos un partido de centro. E centrado nas persoas. Ser de centro é ser reformistas. Ser de centro é ser moderados.».

O Partido Popular de Galicia de cara á elaboración deste ponencia política participativa, coa que que se pretende renovar as políticas e as actitudes do PPdeG, o primeiro partido de Galicia, ten previsto escoitar ós colectivos e ás entidades máis relevantes de Galicia.

«Queremos promover un maior achegamento do PPdeG ó conxunto da sociedade, escoitando as preocupacións e as prioridades dos distintos colectivos e entidades que conforman a pluralidade da sociedade civil do noso país. Galicia é un proxecto común. Que nos une a todos. Un proxecto que debe contar con todos e todas. Queremos escoitar a voz de todos, e coñecer as ideas da xente. Se trata de abrir as portas do PPdeG e fomentar novas fómulas de participación política. Queremos ser un partido máis permeable e accesible», afirmou Ana María Villarino.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar