Atropela deliberadamente a un veciño co que tiña desavinzas

Veciño de Muros intento de homicidio_atropelou a un veciño co que tiña desvinzas_06_2015

Axentes da Guardia Civil da Agrupación de Tráfico pertencentes ao Grupo de Investigación e Análises de Tráfico, apoiadas por efectivos do Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico de Corcubión, detiveron un veciño de Muros de 33 anos como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa tras atropelar un peón, co que tiña desavinzas, e darse á fuga.

Segundo informou a Guardia Civil, os feitos que se lle imputan aconteceron no mes de febreiro nunha parroquia de Outes, cando o individuo, detido o luns, atropelou co seu vehículo a un peón que circulaba pola rúa e se deu á fuga sen auxiliar o ferido.

A vítima quedou tendida na calzada ata que foi achado por uns veciños do lugar que avisaron os servizos de urxencias. Despois de ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), tivo que permanecer varias semanas ingresado no hospital debido ás graves feridas que sufriu.

Aínda que nun primeiro momento as evidencias apuntaban a un accidente de circulación, os axentes, tras unha «ardua investigación», segundo destaca o Instituto Armado, «demostraron que se trataba dun intento de homicidio, debido a certas desavinzas persoais que había entre eles».

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Muros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar