A primeira xornada de folga dos controladores non afectou a Galicia

Pista aeroporto galego indeterminado

A primeira xornada de folga de catro convocadas polos controladores aéreos concluíu en Galicia sen afectación para ningún dos voos con saída ou chegada nalgún dos tres aeroportos da comunidade.

Así, os avións despegaron e aterraron con normalidade e en hora — sen atrasos de consideración — nas terminais de Lavacolla (Santiago), Alvedro (A Coruña) e Peiteador (Vigo), segundo fontes de Aena consultadas por Europa Press.

Este luns sucedéronse os dous primeiros paros parciais convocados, un entre as 10,00 e as 12,00 horas e o outro entre as 18,00 e as 20,00 horas.

Ante isto, Aena advertiu de que a folga podía provocar atrasos e cancelacións nos voos con orixe e destino en España, aínda que o Ministerio de Fomento decretou servizos mínimos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar