O cupón da ONCE reparte 245 mil euros en Fene

Cuponazo ONCE

O cupón diario da ONCE repartiu 245.000 euros en Fene, en sete cupóns agraciados con 35.000 euros cada un no sorteo do xoves, segundo informa a organización nun comunicado.

O axente vendedor da ONCE José Díaz Blanco, adscrito á Axencia de de Ferrol, é quen repartiu o premio na localidade de Fene, onde vende, de forma ambulante, os produtos de xogo desta organización.

O sorteo do 4 de xuño repartiu tamén premios noutras localidades españolas como en Getafe (Madrid) e na provincia de Cádiz.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar