Jesús Vázquez anuncia medidas de seguridade vial, especialmente nos colexios

Jesús Vázquez Abad_campaña

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou que o seu partido contempla dentro do programa electoral popular a elaboración dun Plan Municipal de Emerxencias e Seguridade Vial -xa solicitado en reiteradas ocasións e mediante dúas mocións neste mandato por parte do PP-, co que os populares pretenden mellorar a actuación ante posibles emergencias e as actuais condicións do tráfico da cidade con actuacións específicas en aspectos coma o acceso a centros educativos.

Neste eido, o Partido Popular tamén inclúe un novo programa, denominado «Ceda o paso» co que se tenta fomentar a cultura da seguridade vial e a interrelación entre os cidadáns e a policía local.

MELLORAS PARA BOMBEIROS E POLICÍA LOCAL

No eido da seguridade vial, para o Partido Popular resulta «imprescindible potenciar os servizos de bombeiros, policía local e protección civil, porque son esenciais para a seguridade na nosa cidade e actualmente teñen un número de efectivos que está moi por debaixo do necesario para prestar un bo servizo», dixo o alcaldable popular.

Jesús Vázquez considera que «o corpo municipal de bombeiros e a policía municipal son dous servizos de gran importancia e sensibilidade, porque actúan en momentos especialmente difíciles e delicados, que precisan eficacia e rapidez e para eso compre que estean dotados convenientemente, tanto en medios técnicos coma humáns», polo que se compromete a acometer esas melloras a curto prazo.

O candidato do Partido Popular aboga «por un diálogo permanente entre o futuro goberno popular e os diferentes servizos municipais» para gañar en eficiencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar