A previsión de chuvia traslada o concerto de The National a Amio

Concerto Santiago The National
O prognóstico de chuvia para os próximos días obrigou a organización do festival ‘Lapso 2015’ a cambiar o escenario para o concerto de The National, inicialmente previsto para a praza de A Quintana, polo recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela.

Os organizadores informaron nun comunicado de prensa de que se habilitará unha liña de autobuses dende a praza de Galicia ata o recinto. Nos próximos días confirmarán a frecuencia e outros posibles puntos de recollida, segundo apuntan.

A banda de Ohio é cabeza dun cartel que completan os portugueses The Gift e os pontevedreses Best Boy. Promovido polas promotoras I-Radia Crea e Legal Music, o evento conta coa colaboración de SON Estrela Galicia e o Concello de Santiago.

As entradas para asistir ao ‘Lapso 2015’ están á venda por 30 euros, no Teatro Principal de Santiago (martes a sábado de 18,00 a 21,00 horas), en A Reixa Tenda, en ticketea.com, entradas.abanca.com e ataquilla.com.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar