«Santa Uxía de Ribeira, oito séculos de comunidade» presentado polo seu autor

Libro Pazos_portada libro Santa Uxía de Ribeira

“Santa Uxía de Ribeira, oito séculos de comunidade” e o título do libro conmemorativo dos 150 anos da consagración do templo parroquial no que se recolle a historia documental da parroquia desde a súa primeira aparición no ano 1200 ata o século XX.

O longo das súas 240 páxinas analízanse os documentos, a ourivería, a imaxinería, os edificios, as tradicións, os persoeiros da igrexa local, as relacións da parroquia con outros colectivos e as actividades desenvolvidas nos seus aspectos sociais, caritativos, formativos e teolóxico.

Dez autores desde profesores da universidade, institutos, historiadores, xornalistas, teólogos e fregueses, traballaron de maneira altruísta e nesta obra durante mais de dous anos coordinados polo historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos. “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” leva una introdución do Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio Barrio e un saúdo do párroco, Cesáreo Canabal Castro.

O longo do texto o lector descubrirá os documentos máis vellos no que aparece a orixe do primeiro topónimo da parroquia no século XIII. A obra está impresa a todo cor en tapa dura e profusamente ilustrado con preto de 300 fotografías e reproducións de documentos, moitos deles cedidas polos fregueses. Os beneficios do libro serán destinados integramente a obras sociais da parroquia de Santa Uxía.

Coa edición deste libro completanse os actos conmemorativos do aniversario do templo que tivo o pasado 23 de novembro a inauguración do museo parroquial coa presenza do arcebispo de Santiago.Libro Pazos Santa Uxía de Ribeira_HZTAL

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar