Jesús Vázquez visita a Escola de Idiomas de Ourense

 

Jesús Sánchez municipais Ourense_escola idiomas_2

Jesús Vázquez acudiu á Escola Oficial de Idiomas de Ourense co fin de colaborar co proxecto europeo que están desenvolvendo neste centro representantes de institucións educativas de Finlandia,  Grecia, Turquía e España.
As coordinadoras finlandesas deste proxecto europeo,  consistente  na realización dunha avaliación externa da calidade da educación nos centros educativos europeos  participantes, invitaron a Jesús  Vázquez en calidade de experto en materia educativa e como continuación dos  contactos previos que xa mantiveran con él  durante a súa etapa como Conselleiro de Educación.
Aproveitando a coxuntura da súa candidatura á alcaldía de Ourense, os representantes da delegación turca lle transmitiron o desexo da Alcaldía da  Balikesir  de establecer unha colaboración permanente entre ambas capitales de provincia e lle fixeron entrega dun libro no que se documenta a vocación internacional desta cidade turca.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar