Manuel Baltar: «Creo en Ourense»

Manuel Baltar_presentación candidatura presidencia_presidente Deputación Ourense en Celanova_2

Máis de 500 persoas déronse cita no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova para asistir ao acto de presentación da candidatura de Manuel Baltar á Presidencia da Deputación de Ourense. O PP de Ourense considerao «un acto sen precedentes en todo o Estado», pois nunca antes se proclamara un candidato para presidir unha institución provincial, única administración cuxos representantes non se elixen en urna. De feito, Manuel Baltar, que foi tamén o primeiro presidente provincial en reclamar un cambio lexislativo para solicitar a elección directa por parte dos cidadáns, volveu a reclamar un cambio para esta eiva democrática. «Algo que con só unha urna máis nas eleccións municipais se podería solucionar», recalcou.

O acto comezou coa benvida a cargo do alcalde de Celanova, José Luis Ferro, quen calificou a Manuel Baltar como «presidente, pero sobre todo amigo de Celanova e dos seus proxectos de futuro, desta histórica vila de poetas, onde o mundo se chama Celanova».

A parlamentaria autonómica e voceira do PPOU, Cristina Romero, salientou o carácter pioneiro do acto político desta mañá, e calificou a Manuel Baltar como «un ourensán que cree en Ourense. Que ten un fondo coñecemento das administracións e do Partido Popular dende a súa base. Un líder xoven, pioneiro e cun estilo propio que está a converter ao PPOU nun partido moderno en continua innovación, próximo á xente e aberto á sociedade. Unha formación que non para e que ten na vocación de servicio á xente a súa razón de ser».

O secretario de Organización do PPOU, Pablo Pérez, dirixiuse aos candidatos populares dos 92 municipios da provincia: «Non sodes candidatos, sodes alcaldes». Lembrou tamén que Manuel Baltar sempre reclamou a elección directa, en urna, para as Corporacións Provinciais: «O conseguiremos. Só hai unha dirección e Manuel Baltar o sabe. Presidente: o PPOU sempre creeu en ti, cree en ti e cree en Ourense».

O vicesecretario xeral do PPOU e candidato nº7 por Ourense, Jorge Pumar, destacou como coordinador de campaña que «falar de estratexia política e electoral no Partido Popular de Ourense é moi fácil, xa que contamos con dúas premisas claves para desenrolar unha boa organización e planificación política: Partido e liderazgo». Tamén destacou que «temos un presidente que usa habitualmente estas dúas palabras: delegar e cooperar».
«Delega porque é un líder. Ten coñecementos, ten unha gran capacidade de traballo e cree nos equipos. Un presidente que ten claro a cooperación entre as diferentes administracións, para xerar economías de escala, reducir custos, eliminar duplicidades, e sobre todo prestar un mellor servizo aos cidadáns, que é o que nos demandan».

O secretario xeral do PPOU e próximo vicepresidente da Deputación -tal e como avanzou o candidato Manuel Baltar-, Rosendo Fernández, recalcou que «Ourense xa ten presidente: Manuel Baltar será o próximo alcalde dos alcaldes. A mellor persoa e o mellor politico para colaborar e coordinar a todos os alcaldes. Son tempos dificiles, e por eso a politica debe reafirmarse como a arte do posible, e para eso só hai un: Manuel Baltar. Eu, como humilde secundario, afirmo q Manuel Baltar asume compromisos e os cumpre. Sempre é o primeiro en dar o paso. É o que nos guía. Outros non son capaces. Temos ao mellor politico: un presidente que sabe delegar e xestionar. Xuntos acadaremos un triunfo arrollador».

Na súa intervención, Manuel Baltar agradeceu as palabras que lle foron adicadas e recalcou a súa máxima confianza no seu equipo: «Delegar non é supervisar absolutamente todo. Delegar é confiar».
Nunha intervención de pé, sen atril nen discurso escrito, co micrófono na man, Manuel Baltar proclamou a súa paixón por Ourense: «Unha terra traballadora, creativa e emigrante». Precisamente, quixo facer unha lembranza aos ourensáns emigrantes: «Forman parte do corazón de Ourense. Seguiremos facendo Ourense para eles, ainda q non podan votar o 24 de maio».
«Son ourensán e creo en Ourense», reivindicou Manuel Baltar, á vez que agradecía ao Comité Electoral do PPOU a súa designación como candidato á Presidencia da Deputación. «Non hai ningunha dúbida de que o día 24 de maio haberá un novo triunfo contundente. A única dúbida que existe é a de quén é o candidato a presidir a Deputación polo PSOE ou polo BNG. Nin eles o saben».
No tocante ao seu programa de goberno, recalcou a importancia do Territorio e da Cooperación. «Creo na Deputación como elemento transformador da provincia, nun conxunto de persoas que pensan en clave de Ourense. Temos equipo e temos programa: 77 medidas (dispoñibles na páxina web do PPOU) que serán unha realidade»

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar