O vicepresidente visita á comunidade galega na Habana

Alfonso Rueda, nos estudios da Radio Galega.
Alfonso Rueda, nos estudios da Radio Galega.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inicia hoxe a súa axenda institucional en La Habana, onde emprendeu unha breve viaxe do que regresará o martes, e na que prevé visitar á colectividade, participar en actos culturais, e manter reunións con autoridades do Goberno cubano.

Ás 16,00 horas (hora local) e acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participará na clausura do curso de atención a dependentes de Afalu na Sociedade Cultural Rosalía de Castro.

Durante a tarde, Rueda e Miranda acudirán á exposición ‘Arte e ritual na Catedral de Santiago’, de Luis Gabú, no Museo Nacional de Belas Artes.

Tamén manterán un encontro cos presidentes de sociedades galegas en La Habana no Centro Galego situado no Paseo de Martí. Para culminar a xornada, Rueda e Miranda acudirán á inauguración do 26 Festival ‘A pegada de España’, que terá lugar na Praza de Armas da Habana Vella.

Fontes da Xunta confirmaron que o vicepresidente centrará a segunda xornada da súa viaxe en reunirse con autoridades do Goberno de Raúl Castro.

O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, desprazouse a Cuba durante este mandato, a finais de 2013, e mantivo diversos encontros, entre eles co propio Castro co fin de estreitar as relacións co goberno insular e a colectividade galega.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar