Doce detidos no operativo no que foi arrestado o expatrón de Cabo de Cruz

Detidos cofradía Cabo de Cruz_engtre eles expatrón
Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil detiveron doce persoas na segunda fase do operativo no que fora arrestado o expatrón de Cabo de Cruz.

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, na segunda fase da denominada ‘Operación Vipe’ foron arrestadas doce persoas nos municipios coruñeses de Boiro e Noia.

As mesmas fontes sinalaron que estes novos arrestos corresponden a persoas «organizadas» que realizaban «actividades furtivas» en Cabo de Cruz, en Boiro.

Esta operación, segundo sinalaron as mesmas fontes da investigación consultadas, continúa aberta.
IMPUTADOS

O pasado mes de marzo foran detidos o expatrón maior de Cabo de Cruz Carmelo Vidal e a exvicepatrona maior e expresidenta da agrupación de mariscadoras, Ermidas P., que foron imputados por estafa, apropiación indebida e falsidade documental, tras declarar durante horas no Xulgado mixto número 2 de Ribeira, que instrúe a causa.

O xuíz decreto liberdade con obriga de comparecer cada mes para estas dúas persoas detidas no marco do operativo levado a cabo na confraría de Cabo de Cruz, en Boiro, tras pasar a disposición xudicial.

O pasado mes de marzo desenvolveuse un amplo dispositivo en Boiro no que, ademais do expatrón maior e a expresidenta da agrupación de mariscadoras, foron detidos a secretaria do pósito e un traballador dunha xestoría que tivo unha relación habitual coa entidade, á que asesoraba e levaba a contabilidade. Estes dous últimos quedaron en liberdade tras declarar en sede policial.

O Xulgado Mixto número 2 de Ribeira é o que instrúe esta causa, pola que, en total, na xornada do martes se realizaron cinco rexistros e se procedeu a realizar catro detencións.
DENUNCIA

Carmelo Vidal e Ermidas P. decidiron non se presentar ás últimas eleccións ás confrarías, celebradas ao inicio do verán pasado, despois dunha longa traxectoria que o tivo a el á fronte da entidade durante 23 anos.

En 2013, a Fiscalía denunciou por malversación directivos do pósito de Cabo de Cruz despois de que mariscadores críticos coa súa xestión lle enviasen escritos nos que denunciaban supostas irregularidades económicas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar